Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Santa María de Castelo (Taboada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Santa María

de Castelo (Taboada-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 251/1991, do 18 de xullo (DOG nº 144, do 30 de xullo de 1991), que a xunta local da zona, na súa reunión do 1 de decembro de 1994, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na casa do Concello de Taboada, na Cámara Agraria local e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do Concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las competencias que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 134, 5º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 18 de xaneiro de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural de Lugo