Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Santiago de Prevediños (Touro-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santiago de Prevediños (Touro-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 94/1989, do 18 de maio (DOG nº 107, do 6 de xuño de 1989), que a xunta local da zona, na súa reunión do 11 de febreiro de 1994, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na casa do Concello de Touro e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña) ou nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facérlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérlle as notificacións.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1995.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural da Coruña