Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día nove de xaneiro de mil novecentos noventa

e cinco, acordou convocar probas selectivas para cubrir, polo procedemento de concurso, unha praza de alguacil-porteiro, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto da convocatoria.

De acordo coa oferta de emprego pública, publicada no Boletín Oficial del Estado nº 270, do 11 de novembro de 1994, convócanse probas selectivas para prover polo sistema de concurso unha praza de alguacil-porteiro, da subescala auxiliar policía municipal, dotada dos complementos correspondentes ó grupo E.

Segunda. Características da praza.

1. Características da praza.

A dita praza estará encadrada no cadro de persoal, dotada co soldo correspondente á súa categoría profesional, pagas extraordinarias, trienio e demais emolumentos que lle corresponden de conformidade coa lexislación aplicable. A idade de xubilación de acordo co disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, será ós sesenta e cinco anos.

2. Cometido funcional.

O cometido funcional desta praza encádrase dentro dos servicios específicos deste concello.

a) Mensaxería interna e externa.

b) Información ó público sobre dependencias municipais, localización de oficinas, xestións moi elementais, etc.

c) Atención de teléfono centralizado.

d) Vixilancia e custodia de oficinas, comunicando anomalías e defectos ó Servicio de Mantemento.

e) Axuda en traslados de oficinas, arquivos e mobiliario.

f) Clasificación de documentos para a súa posterior distribución e aviso dos erros que se poidan detectar no nome, enderezo, etc.

g) Coidado da orde e convivencia en dependencias públicas e aviso ós responsables cando se produzan alteracións.

h) Operacións sinxelas e repetitivas de apoio administrativo (fotocopias, ensombrado, encarpetado, selos, arquivo, punteo de relacións e inventarios, pequenos traballos mecanográficos ou de introducción de datos en ordenadores.

i) Notificación de documentos, avisos, sancións, etc., cumprindo as normas de procedemento administrativo para asegura-la eficacia dos actos e resolucións que se notifiquen.

Terceira. Condicións ou requisitos que deben reuni-los aspirantes.

Para ser admitido ó concurso será necesario reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder de cincuenta e cinco anos, ámbolos dous

referidos ó día en que se formalice o prazo de presentación de instancias.

c) Estar en posesión ou en condicións de obter na data en que remate o prazo de presentación de instancias, o certificado de estudios primarios.

d) Dispoñer de carné de conducir motocicletas.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Cuarta. Incompatibilidades.

Quen obteña a praza obxecto desta convocatoria estará sometido ó réxime de incompatibilidades con carácter xeral para a función pública, conforme determina o art. 145 TRRL.

Quinta. Solicitudes.

1. Forma.

Os que desexen tomar parte no concurso deberán presentar solicitude de acordo co modelo oficial que se facifitará neste concello, na que os aspirantes deberán facer constar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na convocatoria, referidas sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias, e comprometerse no caso de obter praza a xurar ou prometer lealdade ó rei, respecto ós dereitos das persoas e estricta observación da lei.

2. Méritos alegados.

Coas instancias indicadas deberanse xunta-los documentos xustificantes de méritos alegados conforme o baremo anexo á convocatoria.

3. Órgano a quen se dirixe.

As instancias correspondentes dirixiranse ó alcalde deste concello.

4. Prazo de presentación.

O prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

5. Lugar de presentación.

A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da secretaría deste concello ou na forma que determina o art. 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Dereitos de inscrición.

Os solicitantes deberán ingresar na Depositaría Municipal a cantidade de 1.000 pesetas en concepto de dereitos de inscrición, o seu xustificante deberá xuntarse necesariamente á solicitude.

7. Defecto das solicitudes.

Conforme o establecido no art. 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, requiriranse os interesados para que, no prazo de dez días, emenden as faltas ou presenten os documentos preceptivos, apercibíndoos que se así non o fixesen arquivarase a súa instancia sen máis trámites. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

Sexta. Admisión de aspirantes.

1. Lista de admitidos e excluídos.

Expirado o prazo de presentación de instancias o alcalde dictará resolución no prazo máximo de un mes declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na dita resolución que se publicará no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios, indicaranse o nome e apelidos e DNI dos admitidos e excluidos indicando as causas da exclusión e considerando un prazo de dez días para emenda-lo defecto, se é o caso, a teor do establecido no art. 71 da Lei de procedemento administrativo.

Sétima. Tribunal cualificador.

1. Composición.

Está constituído da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

Vocais:

O xefe de negociado deste concello.

Un representante da Comunidade Autónoma designado pola Xunta de Galicia.

Un funcionario de carreira, de titulación igual ou superior á esixida para a praza obxecto desta convocatoria, designado pola alcaldía.

Secretario: o da corporación ou funcionario desta en quen delegue.

Para cada un dos membros asignarase un suplente.

2. Nomeamento.

O nomeamento dos membros que van constituí-lo tribunal, efectuarase por resolución da alcaldía.

3. Abstención e recusación.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte deste e de intervir, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 20 da Lei de procedemento administrativo, notificándollo á autoridade convocante. Os aspirantes poderán recusalos.

4. Constitución e actuación.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia como mínimo de tres dos seus membros titulares ou suplentes, indistintamente, as decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo no caso de empate o voto de calidade do presidente do tribunal.

A actuación do tribunal axustarase estrictamente ás bases da convocatoria. Non obstante, o tribunal resolverá as dúbidas que xurdan da súa aplicación e poderá toma-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

Os membros do tribunal terán dereito, por concorrencia ás sesións, ó aboamento das asistencias que, de conformidade co previsto no art. 33.2 do Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, e demais normas de actuacións de cantas se establecen no anexo IV do citado real decreto.

5. Cualificación.

O tribunal examinará os méritos alegados polos aspirantes, tendo en conta as condicións persoais e profesionais que requira a natureza do posto que se vai desempeñar. En ningún caso a proposta, que terá carácter vinculante, poderá exceder do número de prazas convocadas. A proposta do tribunal farase pública no lugar onde se reúna ou, no seu defecto, no taboleiro de anuncios do concello e elevará a dita relación ó presidente da corporación para que se formalice o nomeamento pertinente.

Oitava. Presentación de documentos.

1. Os aspirantes propostos aportarán ante a Administración, dentro do prazo de 20 días naturais desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base terceira:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Certificación de nacemento expedida polo Rexistro Civil correspondente.

c) Copia autenticada ou fotocopia (que se debe presentar xunto co orixinal para a súa compulsa) do título esixido.

d) Xustificante acreditativo de dispoñer do permiso para conducir motocicletas.

e) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impidan o normal exercicio da función que se vai desempeñar, expedido polo xefe local de sanidade.

f) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

2. Os que dentro do prazo indicado, e agás os casos de forza maior, non presenten a documentación, non poderán ser nomeados quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese ter incorrido por falsidade na súa instancia.

Novena. Nomeamento e toma de posesión.

1. Concluído o proceso selectivo e aportados os documentos a que se refire a base anterior, o alcalde, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá a nomear funcionario de carreira, o cal deberá tomar posesión no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó que sexa notificado para o nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa de conformidade co establecido no R.d. 707/1979, do 5 de abril.

2. Os que sen causa xustificada non tomen posesión no prazo sinalado, quedarán en situación de cesan

tes, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento conferido.

Baremo anexo

A) Por experiencia profesional.

1º. Ter prestado servicios de alguacil-porteiro na Administración pública en postos de traballo e funcións análogas ás asignadas á praza obxecto, da presente convocatoria: 0,25 puntos por cada mes de servicio ata un máximo de 7 puntos.

2º. Ter prestado servicios de alguacil-porteiro no Concello de Castro de Rei, en posto de traballo ou función análoga á asignada á praza, 2 puntos.

B) Por asistencia a xornadas ou cursos relacionados coa atención ó público, comunicación, introducción á informática, etc.

Curso de 20 horas ou menos horas: 0,20 por curso.

Curso de máis de 20 horas: 0,60 por curso.

Máximo, 3 puntos.

C) Por coñecemento do idioma galego.

Curso de iniciación: 0,50 puntos.

Curso de perfeccionamento: 1,00 punto.

No caso de acredita-los dous cursos relacionados valorarase unicamente o de perfeccionamento.

Castro de Rei, 19 de xaneiro de 1995.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde