Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (98/1993).

Nos autos de xuízo de faltas número 98/1993, seguidos neste xulgado por lesións en atropelo, dictouse a seguinte proposta de providencia.

Secretario Sr. García Puertas Magariños.

En Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e catro.

Dada conta por presentado o anterior escrito por Narciso Caamaño Queijo, únaselles ós autos da súa razón. Tense por interposto recurso de apelación contra a sentencia dictada por este xulgado e déaselles traslado ás demais partes por termo de dez días para formularen impugnación ou adhesión a el, e, transcorridos dez días, presentados ou non escritos, elévenselle os autos á audiencia provincial no prazo de dous días.

Así o propoño a S. Sª. Dou fe.

Conforme

A maxistrada xuízaO secretario

Rubricado Rubricado

E para que conste e lle sirva de notificación e traslado a Enrique Ynarejo Carreira, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 24 de xuño de 1994.

O secretario

Rubricado