Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (390/1993-05).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da

Lei hipotecaria seguido ante este xulgado baixo o número 390 de 1993 por instancia de Banco Atlántico, representado polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, contra José Antonio Albarelos Maceira, con domicilio en polígono do Tambre, rúa Ptolomeu núm. 1, Santiago de Compostela, acordou a celebración de poxa pública na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que despois se dirán, coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día cinco de abril do ano en curso, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de cincuenta e nove millóns catrocentas cincuenta e seis mil pesetas (59.456.000 ptas.), fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día tres de maio do presente ano, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa, o próximo día trinta de maio, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -con excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0390/93, presentando o resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, obrantes en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que os poidan examinar os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de os satisfacer, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

7. Poderanse facer ofertas en prego cerrado e o remate poderase verificar en calidade de o ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que se tivese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro do da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía

do cumprimento da obrigación e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10. Se o pedise o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obrigación e desexasen aproveita-lo remate outros ofertantes e sempre pola orde delas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ó debedor no predio ou predios poxados e en todo caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa

«Predio urbano: na parcela sinalada co número cento sesenta e nove (169) do Plan Parcelario do Polígono Industrial do Tambre, deste concello de Santiago de Compostela, unha nave industrial que ocupa a superficie de oitocentos sesenta e catro metros cadrados, dos que cincocentos metros cadrados corresponden a almacén, e os restantes trescentos sesenta e catro metros cadrados a taller, tendo así mesmo unha entreplanta para oficinas de uns douscentos metros cadrados. Unido á dita nave e para o seu servicio, un terreo sen edificar, de trescentos setenta e tres metros e cincuenta decímetros cadrados, que en unión do que ocupa a nave integran un soar predio da cabida total de mil douscentos trinta e sete metros e cincuenta decímetros cadrados, que linda: norte, coa parcela número 170; sur e leste, rúa do Polígono, e oeste, a parcela 168».

Título. Declaración de obra nova, o 29 de xaneiro de 1991, perante o notario de Santiago de Compostela Juan José Ecenarro y Anzorandia núm. 267 de protocolo.

Inscrición: Tomo 103, Ebro 55, folio 102, predio núm. 4553.

A hipoteca está inscrita no Rexistro da Propiedade núm. 2 de Santiago de Compostela, tomo 1.042, libro 134, folio 20, predio 4.553, inscrición 5ª.

Dado en Santiago de Compostela o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado