Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (172/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo verbal civil número 172/1994, por instancia do procurador Carlos Fernández Rial, en nome e representación de José Antonio Blanco Redondo, contra Julio Tojo Romero, maior de idade, solteiro, de quen se descoñece o actual domicilio.

Nestes actos e con esta data acordouse cita-lo dito demandado por medio de edictos para que compareza perante este xulgado sito na rúa da Algalia de Abaixo nº 24, semisoto, o próximo día vintetrés de febreiro ás dez horas, co obxecto de celebra-lo correspondente xuízo civil, advertíndoo de que de non comparecer seguirá o xuízo o seu curso e declaranse en rebeldía.

Dado en Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado

Rubricado

O secretario

Rubricado