Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.270

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (61/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número un de Arzúa e o seu partido, María Dolores de los Ríos Andérez, fai saber que neste xulgado, baixo o número 61/1994 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do art. 131 da Lei hipotecaria, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Pernas Grobas, contra Carlos Pampín Tojo e María Cruz Casal Segade, en reclamación de crédito hipotecario, actuacións nas que se acordou sacar a primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa taxación, o predio que logo se dirá.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o próximo día quince marzo do ano que corre, ás doce horas, coas condicións que se dirán, e no caso de non haber postores sinálase para a segunda poxa o próximo dez de abril, tamén ás doce horas. E no caso de quedar deserta sinálase para o próximo dez de maio, tamén ás doce horas.

1.-O tipo de remate é de 5.400.000 pesetas, e non se admitirán ofertas que no cubran a dita suma.

2.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou, establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo do remate.

3.-Poderá facerse para ceder a un terceiro.

4.-Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o importe da consignación a que se refire o apartado 2

ou achegando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e maila certificación rexistral están de manifesto en secretaría e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, de, os haber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

Casa sita na parroquia do Cebreiro, concello do Pino, destinada a vivenda unifamiliar, composta de planta baixa e piso alto, duns 70 metros cadrados, situada no sector central da leira, coa que linda por tódolos ventos. Ten como anexo o resto da leira a labradío, onde chaman Agra Maior, de cinco áreas, 55 centiáreas. Linda: norte e sur, Enrique Blanco Mosquera; leste, Antonio Casal e oeste, camiño veciñal a Angomil e outros lugares.

E para xeral coñecemento expídese este edicto en Arzúa o vintesete de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado