Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.270

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (115/1994).

En virtude do acordado por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada no or. suma. hip. art. 131 da Lei hipotecaria número 00115/1994, seguido neste xulgado por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, contra Elisardo Martínez Trenco e María Dolores Angueira Rey, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, o seguinte predio:

«Urbano.-Casa unifamiliar, sinalada co número 33 do lugar de Extramundi de Abaixo, no sitio de Agra de Teides, parroquia e municipio de Padrón; ocupa sobre o seu terreo uns 269 metros cadrados e está composta de planta baixa, destinada a local de negocio, da referida extensión, onde está instalada a industria de café bar que ten a denominación de Café Bar Liso, e planta alta destinada a vivenda, de igual superficie. A edificación está situada no sector centro do terreo e ten o seu acceso desde a estrada existente a uns 12 metros da fronte ou fachada oeste da casa, onde existe, unha porta a través dunhas escaleiras para acceso á planta alta da vivenda. Ten como anexo e para o seu servicio o resto do terreo sen edificar, que a circunda, do predio número 200 da zona de concentración parcelaria de Veigas de Extramundi, de 170 metros

cadrados. Linda: norte, Serafina Souto e outros (195); sur e oeste, María Casilda Rodríguez Agrasar (199); e oeste, estrada de Noia a Padrón. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 357, libro 90, folio 73, predio número 7.729, inscrición terceira».

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Tetuán, s/n, desta cidade, o día vinte de abril, ás 10.30 horas, coas seguintes prevencións ós licitadores:

Primeiro.-O tipo da poxa. é de 22.800.000 pesetas, fixado na escritura de préstamo, e non se admitirán posturas que non cubran a devandita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar na conta deste xulgado número 157500018011594 do Banco Bilbao Vizcaya o 20% da dita cantidade, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceiro.-Poderá facerse o remate coa condición de llo ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse posturas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e as certificacións a que se refire a regra 4º do art. 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación aportada.

Sexto.-As cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, de os haber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día dezaoito de maio, ás 10.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración. Se é o caso, celebrarase terceira poxa o día vintedous de xuño, ás 10.30 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado