Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.269

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza nº 94/017 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no art. 6.8 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado por R.d. 1.427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6 do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade núm. 94/017, convocada por resolución rectoral do 21 de marzo de 1994, comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses a contar desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte o da súa publicación.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor titular de universidade

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Praza número: 94/017.

Comisión titular:

Presidente: Barca Lozano, Eliseo Alfonso, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Peralbo Uzquiano, Manuel, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Rivas Martínez, Francisco, catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Cuba López, José, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Cano García, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade de Granada.

Comisión suplente:

Presidente: Genovard Rosello, Cándido, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Secretario: González Cabanach, Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Pérez Pereira, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Pérez Sánchez, Luz Florinda, profesora titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Valcarce Avello, M. Mercedes, profesora titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.