Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 45/1995, do 3 de febreiro, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a favor do Pazo de Rial, en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Por Resolución do 8 de xaneiro de 1980 (BOE do 9 de febreiro), do Ministerio de Cultura, incoouse expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artís

tico a favor de Pazo de Rial, sito en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A Conselleria de Cultura, por Resolución do 27 de abril de 1994 (DOG do 14 de xuño), incoou expediente para a delimitación do seu contorno, dando cumprimento ó disposto no artigo 18 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico, e artigo 5 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Consellería de Cultura.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico, e co artigo 2º, punto 1º, parágrafo 2 do Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei do patrimonio histórico.

Tendo en conta o establecido no artigo 8 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, e por proposta do conselleiro de Cultura, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Declarar ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico o Pazo de Rial, sito en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) coa delimitación que figura no anexo I.

Artigo 2.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I e no plano do anexo II.

Artigo 3.-O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e ó Rexistro Xeral do Ministerio de Cultura.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

«Comeza na punta do Rial (punto l), diríxese pola liña costeira ata a estrada xeral N-550 de Vilagarcía de Arousa a Cambados no encontro co camiño do Rial que vai ó lugar da Lagoa (punto 2); segue polo devandito camino ata a encrucillada co camiño Lagoa-Baixada á ponte (punto 3); desde aquí segue por este camiño, atravesando a ponte ata a encrucillada coa rúa 2 da urbanización «El Rial» (punto 4), segue pola rúa 2 ata o cruzamento coas rúas 1 e 3 (punto 5); continúa en liña recta ata o seu encontro co camiño Saradelo no punto 6 polo que continúa ata o punto 7 na estrada xeral N-550 de Vilagarcía de Arousa a Cambados. Atravesa a dita estrada e continúa polo camiño de fronte 115 m ata a primeira encrucillada (punto 8), desde aquí continúa polo camiño da dereita, cara ó norte, ata pecha-lo contorno de protección no sitio de partida na Punta do Rial».