Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995 pola que se declara a veda temporal no encoro de Vilagudín, dos concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia (A Coruña).

Considerando a Resolución do 4 de maio de 1994, publicada no DOG nº 104, do 1 de xuño de 1994, pola que se adxudicou a concesión do aproveitamento piscícola do encoro de Vilagudín, sito nos concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia, provincia da Coruña, á empresa Galician Fishing Services, INC Galicia Organización de Pesca Recreativa, S.L., por un período de vinte anos, e de acordo co prego de condicións técnicas que rexe a devandita concesión, a proposta do concesionario,

RESOLVO:

Declara-la veda en toda a concesión desde a entrada en vigor da presente orde ata o 28 de febreiro de 1995, permitíndose só as accións de pesca por funcionamento interno do concesionario, por persoas designadas e autorizadas polo mesmo.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1995.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural