Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.111 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. Lampaza, Francos e outros nos concellos de Monforte e Sober, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, orixe no C.T. Ceceda e final no C.T. Vilar de Mouros, cunha lorixitude de 3.617 metros, conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos. Centro de transformación Vilar de Mouros, de 50 kVA, aéreo, 20.000, 400/231±2,5±5%. Rede de baixa tensión de 249 metros de lonxitude, conductores RZ-95-50-25.

Liña de media tensión a 20 kV, orixe no C.T. Vilar de Mouros e final no C.T. Palleiros, cunha lonxitude de 307 metros, conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos. Centro de transformación Palleiros, aéreo, 50 kVA, 20.000, 400/231±2,5±5%. Rede de baixa tensión de 1.128 metros, conductores RZ-95-50-25, nos concellos de Monforte e Sober.

Liña de media tensión a 20 kV, orixe na L.M.T. de Vilar de Mouros e final no C.T. Lampaza, cunha lonxitude de 36 metros, conductor LA-56, apoios de formigón. Centro de transformación, aéreo, 50 kVA, 20.000, 400/231±2,5±5%. Redes de baixa tensión de 256 metros de lonxitude, conductores RZ-95-50-25.

Liña de media tensión a 20 kV, orixe na L.M.T. a C.T. Lampaza e final no C.T. Francos, cunha lonxitude de 109 metros, conductor LA-56, apoios de formigón. Centro de transformación en Francos, aéreo, 50 kVA, 20.000, 400/231±2,5±5%. Redes de baixa tensión de 388 metros e conductores RZ-95-50-25.

Liña de media tensión a 20 kV, conductor LA-56, apoios de formigón, orixe na L.M.T. a C.T. Vilar de Mouros e final no C.T. Colado, cunha lonxitude de 824 metros. Centro de transformación en Colado, aéreo, 50 kVA, 20.000, 400/231±2,5±5%. Rede de baixa tensión de 172 metros de lonxitude e conductores RZ-95-50-25.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 12 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo