Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifican as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes a persoal laboral da categoría 3 do grupo V da Xunta de Galicia.

Esta consellería dictou resolución pola que se estima o recurso ínterposto contra o acordo do 5 de agosto de 1994, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 3, do grupo V, de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo de 26 de maio da dita comisión.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:

-Carmen Rubal Fernández

DNI nº 32.255.539.

No posto nº 22 para o ámbito territorial da provincia de Lugo.

En embargo, débese ter en conta que a referida interesada só poderá ser chamada, se é o caso, a ocupar un posto vacante unha vez que rote a totalidade da lista e se chegue de novo á orde de prelación que esta interesada ocupa nela.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Joaquín López Rúa Soler

Director xeral da Función Pública