Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle na rúa López Nora (Badaf, S.L.).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de xaneiro de 1995, o estudio de detalle na rúa López Mora (Badaf, S.L.) (2988/411), presentado por Badaf, S.L., redactado por José Herrero García e visado polo COAG con data 11 de marzo de 1994 e documentación reformada visada o 5 de outubro de 1994, condicionando a aprobación definitiva ó remate da tramitación dos expedientes patrimoniais que se proponen nel e á imposición de avales polos custos de urbanización polos terreos sitos no ámbito do PERI Seara Norte con edificabilidade que se materializa no sólido do estudio de detalle, sométese a información pública polo prazo de quince días, hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Así mesmo, o devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito entre as rúas Seara e López Mora.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 6 de febreiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde