Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.232

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO polo que se convocan bolsas para a realización de estudios de integración europea en centros universitarios belgas e para a realización de prácticas en organismos europeos con sede en Bruxelas.

A) Bolsas para estudios de integración europea.

A Fundación Galicia-Europa convoca 5 bolsas para a realización de estudios de integración europea durante o curso académico 1995-1996 nos seguintes centros de estudios:

-Colexio de Europa de Bruxas.

-Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas.

-Universidade Católica de Lovaina.

-Universiade de Liexa.

Requisitos:

1) Ter realizados estudios universitarios de segundo ciclo. Poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que se atopen no último ano da carreira, sendo imprescindible o título para acceder a elas.

2) Ter un bo expediente académico.

3) Domina-la lingua ou linguas de traballo do centro que escolla o candidato.

4) Ter nacido despois do 31-12-1966.

5) Ter residencia en Galicia.

6) Te-la nacionalidade dun dos Estados membros da U.E.

Cobertura económica:

As bolsas cubrirán os gastos de matrícula, aloxamento e manutención. A contía da bolsa variará en función do centro de acollida.

Data límite de presentación das solicitudes da bolsa: 28 de febreiro de 1995 para o Colexio de Europa de Bruxas e 31 de marzo de 1995 para o resto dos centros.

Selección:

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes entre aqueles que sexan admitidos polos centros correspondentes.

Información e impresos:

Fundación Galicia-Europa. Sra. Belén Rodríguez. Praza da Quintana, s/n. 15704 Santiago de Compostela. Teléfono 54 58 29. Fax: 56 26 46. Horario: 9 a 14 horas.

B) Bolsas para a realización de prácticas en organismos europeos.

A Fundación Galicia-Europa convoca bolsas para financia-la realización de prácticas de licenciados universitarios en organismos europeos, xa sexan públicos ou privados, ó longo do ano 1995, co fin de completar e aplica-los coñecementos adquiridos no transcurso dos seus estudios.

Centros:

Os centros de acollida para a realización das prácticas poderán ser de tres tipos:

1) Institucións da Unión Europea.

2) Entidades públicas ou privadas con sede en Bruxelas vinculadas a temas comunitarios.

3) Oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas.

Requisitos:

-Ter realizados estudios universitarios completos do segundo ciclo.

-Ter bo expediente académico.

-Coñecemento dunha lingua comunitaria, ademais da propia.

-Ter nacido despois do 31-12-1964.

-Ter residencia en Galicia.

-Te-la nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea.

-Acreditación, do organismo correspondente, da autorización para a realización das prácticas nel.

Preferencia:

Terán preferencia aqueles candidatos que teñan realizado estudios postuniversitarios en relación con temas comunitarios.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de 35.000 francos belgas F.B./mes para aloxamento e manutención, cun tope máximo de 105.000 F.B. por persoa.

Data límite de presentación da solicitude de bolsa: As solicitudes para esta modalidade de bolsa poderán presentarse ata o 30 de setembro do ano 1995.

Nota: Os interesados en realizar prácticas na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas deberán facelo constar na solicitude de bolsa.

Información e impresos:

En Galicia:

Fundación Galicia-Europa. Sra. Belén Rodríguez. Casa da Parra. Praza da Quintana, s/n. 15704 Santiago de Compostela. Teléfono 54 58 29. Fax: 56 26 46. Horario: 9 a 14 horas.

En Bruxelas:

Fundación Galicia-Europa. Sra. Isabel Suárez. Avenue Milcamps, 105. 1040 Bruselas. Bruxelas. Teléfono 07/322/735 54 40. Fax: 07/322/735 46 78. Horario: 9-13 horas e 15-18 horas.