Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso da subministración de mobiliario para a biblioteca Fundación Penzol.

I.-Obxecto.

Adquisición de bens mobles que permitan o funcionamento do servicio da biblioteca Penzol, de acordo coas prescricións técnicas que forman parte das bases da subministración.

II.-Prazo de execucíón da subministración.

O prazo de entrega das prestacións obxecto do contrato será de corenta (40) días naturais contados a partir da data de sinatura do contrato.

III.-Tipo de licitación.

O prezo máximo pola totalidade da subministración fíxase en 20.350.000 ptas.

IV.-Fianzas.

A provisional fixase no 2% do tipo de licitación e a definitiva no 4% do mesmo tipo.

V.-Prego de condicións.

O prego de condicións estará exposto ó público, para efectos de posibles reclamacións, durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia.

VI.-Consignación orzamentaria.

A presente contratación tramítase como expediente anticipado de gasto previsto na base 29 das de execución do orzarnento do Concello de Vigo.

VII.-Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentarasne en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, das 9 ás 13 horas, dentro dos vinte días hábiles seguintes ó de publicación do derradeiro dos anuncios do concurso no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia, acompañadas da documentación esixida no prego de condicións.

VIII.-Apertura de plicas.

A apertura de plicas terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello de Vigo. Se este coincidise en sábado, a apertura terá lugar á mesma hora cá do primeiro día hábil seguinte.

IX.-Modelo de proposición.

Don/Dona..., domiciliado/a en.... rúa..., con DNI número..., expedido en..., actuando en nome propio (ou en representación de ... ), toma parte no concurso convocado polo Concello de Vigo para a contratación da subministración consistente en bens mobles, accesorios, equipos de son e sinalización a que se refire o anuncio de licitación publicado no boletín número... de data...., de conformidade coas seguintes condicións:

Primeira: fíxase o prezo total do contrato de subministración en... ptas.

Segunda: de conformidade co previsto no número 2 da base IV, establezo as seguintes rebaixas nos prezos unitarios figurados no prego de prescricións técnicas.

(Os licitadores só deberán cubrir este apartado no caso de rebaixa-lo prezo total do contrato).

Terceira: reduzo o prazo máximo de execución do contrato en... días naturais.

(De non reducirse o prazo, os licitadores substituirán o parágrafo anterior por este outro):

«Non reduzo o prazo máximo do contrato, aceptando o establecido de 40 días naturais a que se fai referencia na base VII».

Cuarta: acepto integramente o prego de bases de subministración e de prescricións técnicas que declaro coñecer.

Lugar, data e sinatura do concursante.

Vigo, 1 de febreiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde