Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARREAUS

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1995 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Parque de Reserva Empresarial de Ourense en Sarreaus.

O Concello de Sarreaus, en data do 21 de marzo de 1992, asinou un convenio con Xestión Urbanística de Ourense, S.A. para a creación dun Parque de Reserva Empresarial no municipio.

A Comisión Provincial de Urbanismo de Ourense, en sesión celebrada o día 21 de decembro de 1993, adoptou un acordo polo que se aproba definitivamente o Plan Parcial do Parque de Reserva Empresarial de Ourense en Sarreaus.

Este plan parcial determina como sistema de actuación para a súa execución o sistema de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os fins da expropiación, de acordo co disposto no artigo 132 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos dentro do ámbito da unidade de execución delimitada polo Plan Parcial do Parque de Reserva Empresarial de Ourense en Sarreaus, e están concretados na relación de propietarios e titulares dos bens e dereitos que se precisan ocupar no documento do plan parcial.

De conformidade co previsto nos artigos 219 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para execución do Parque de Reserva Empresarial de Ourense en Sarreaus.

O expediente estará exposto nas oficinas da sociedade Xestión Urbanística de Ourense, S.A. (Xestur-Ourense), sita en r/ Curros Enríquez nº 1, planta 8ª, 32003 Ourense, durante o prazo de un mes, a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que coiden oportunas, por triplicado exemplar, no Concello de Sarreaus.

Sarreaus, 23 de xaneiro de 1995.

Gumersindo Lamas Alvar

Alcalde