Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a subministración de reactivos para a detección de drogas de abuso nos ouriños.

I.-Obxecto e orzamento: subministración de reactivos para a detección de drogas de abuso nos ouriños por un orzamento de 28.900.000 ptas., IVE incluído.

II.-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados no prazo sinalado no punto 2.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, contado a partir da data de notificación da adxudicación.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias, hospital psiquiátrico de Conxo, praza de Martín Herrera nº 2, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

IV.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (578.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento. Para a constitución da fianza definitiva véxase o punto 12.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

V.-Clasificación: non se esixe.

VI.-Presentación de proposiciéns: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

VII.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

VIII.-Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos