Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de repoboación forestal de 90 ha nos montes de Vilabarsín e Pena Maior e Bouzón, da provincia de Lugo (expediente número 2.409).

Por Resolución do 8 de novembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-la obra á empresa:

Oteca, S.A. Importe de adxudicación: 19.830.084 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes