Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de repoboacións forestais que se citan (expedientes números 1.423 e 1.425).

Por Resolución do 24 de outubro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las obras ás empresas:

1. Repoboación forestal monte Barbanza e outros, provincia da Coruña. (1.423).

Etega, Sociedad Anónima. Importe de adxudicación: 24.379.880 pesetas.

2. Repoboación forestal no monte Naraío e Tixía, do termo municipal de Muros (A Coruña). (1.425).

Etega, Sociedad Anónima. Importe de adxudicación: 30.421.560 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes