Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da contratación directa das obras de repoboacións forestais que se citan (expedientes números 2.420 e 2.441).

Por Resolución do 14 de outubro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada contratación directa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu, adxudicárlle-las obras, ás empresas:

1. Repoboación forestal en 77 hectáreas no monte Viladar, da provincia de Lugo. (2.420).

P. C. Galicia. Importe de adxudicación: 17.940.000 pesetas.

2. Repoboación forestal en 66 hectáreas nos montes Coedo e Ferreiros, da provincia de Lugo. (2.441).

Etega, Sociedad Anónima. Importe de adxudicación: 17.490.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes