Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.216

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (149/1994).

En virtude do acordado por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada no or. suma. hip. art.131 da Lei hipotecaria nº 00149/1994, seguido neste xulgado por instancia do Banco Bilbao Vizcaya, S. A. (BBV), representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, contra Ramón Tojo Lens, Enrique José Tojo Blanco e Peregrina Lens Andón, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, o seguinte predio:

«No municipio de Padrón, avda. de Compostela, nº 22, piso 1º dta., destinado a vivienda, con inclusión do dereito conxunto de copropiedade sobre os outros elementos do edificio necesarios para o seu adecuado uso e desfrute. Mide 122 metros e 4 decímetros cadrados de superficie útil; e con relación á fachada principal do edificio, linda: fronte, escaleiras, patio de luces e vistas e piso primeiro esqda.; dereita, entrando, propiedade de Carmen Villaverde Rey; esquerda, casa de Rogelio Barreiro Gambino; e parte de atrás, voo da avda. Calvo Sotelo. Representa 9 enteiros por cento no valor total do inmoble, elementos comúns e gastos. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 336, libro 87, folio 140, predio 7.376».

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Tetuán, s/n, desta cidade, o día seis de abril, ás 11 horas, coas seguintes prevencións ás licitadores:

Primeiro.-O tipo da poxa é de 7.735.000 pesetas, fixado na escritura de préstamo, e non se admitirán posturas que non cubran a devandita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar na conta deste xulgado número 157500018014994 do Banco Bilbao Vizcaya o 20% da dita cantidade, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceiro.-Poderá facerse o remate coa condición de llo ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse posturas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e as certificacións a que se refire a regra 4ª do art. 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación aportada.

Sexto.-As cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, de os haber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día catro de maio, ás 11 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración. Se é o caso, celebrarase terceira poxa o día oito de xuño, ás 11 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o vinteseis de xaneiró de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado