Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.217

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (186/1992).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 186/1992, por instancia, de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Sr. García Piccoli, contra José Luis Regueiro Besteiro e Isabel Cisneros del Moral, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Prmeira. Sinalouse para que teña lugar o remate na primeira poxa o próximo día 5 de abril, ás 11,30 horas, na Sala da Audiencia deste xulgado, polo tipo de 750.000 ptas.

Segunda. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 3 de maio, ás 11,30 horas, na Sala de Audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira. Se resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 26 de maio, ás 11,30 horas, na Sala de Audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores -coa excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para ser admitidos á licitación. Esta cantidade calcularase na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade; deberá facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0186/92, e presenta-lo resgardo de ingreso.

Sexta. Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Sétima. No caso de que houbese de suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Oitava. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obrigación e, de se-lo caso, como parte do prezo da venda.

Novena. De pedilo o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obrigación e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes, sempre pola orde delas.

Décima. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor no predio ou predios poxados e, de se-lo caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Ben obxecto de poxa:

Vehículo Renault 19, modelo TXE Chamade, matrícula PO-5919-AH, bastidor VS553305L0103642, data de matrícula: 5 de xaneiro de 1990, valorado en 750.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado