Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.216

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, pola que se fai público o acordo de convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición das citadas probas selectivas, convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para o ingreso na escola básica de vixilancia pesqueira (grupo D) da Xunta de Galicia, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformidade co establecido na base II.3.4 da Orde do 24 de febreiro de 1994 pola que se convocan probas selectivas para o acceso ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala básica de vixilancia pesqueira, grupo D (DOG nº 44, do 4 de marzo), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso na citada escala, adoptado en sesión mantida o día da data, faise público o lugar, o día e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes na forma que a continuación se indica:

1.-Lugar: salón de actos grande da Consellería da Presidencia e Administración Pública sito no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Día: 20 de febreiro de 1995.

Hora: 16.30 horas.

2.-Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da señalada para o comezo do exercicio, provistos do documento nacional de identidade e bolígrafo.

3.-Para poder realizar este segundo exercicio os aspirantes deberán obter no primeiro exercicio unha

puntuación mínima de 14 puntos para os do sistema de acceso libre; e de 9 puntos para os de sistema de promoción interna.

Celeiro-Viveiro, 10 de febreiro de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Presidente do tribunal