Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 1/2624/1994, interposto por José Luis Villar Fernández contra a Resolución do 13 de outubro de 1994 desta dirección xeral, pola que se desestima o recurso ordinario formulado contra a resolución da Dirección-Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, do 1 de xuño de 1994, sobre as funcións que corresponden ó persoal que presta servicios como auxiliar de hospital no devandito centro.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa,
a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos