Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de decembro de 1994 pola se aproba o cambio de dominio da estación depuradora de moluscos sita en punta Festo, Illa de Arousa, distrito marítimo de Cambados (Pontevedra), a favor de Pescadona, S.A.

Visto o expediente de cambio de dominio da estación depuradora de moluscos sita en punta Festo, Illa de Arousa, distrito marítimo de Cambados (Pontevedra), da que era titular a entidade mercantil Islamar, S.L., adxudicada á Caixa de Aforros de Pontevedra mediante auto xudicial do Xulgado número dous de Pontevedra, do 24-11-1992.

Visto o expediente iniciado con data do 6-5-1993, por instancia de José Barral Andrade, director da División de Finanzas e Administración da Caixa de Aforros de Pontevedra, solicitando autorización para levar a cabo o cambio de dominio do establecemento que a continuación se menciona:

Tipo de establecemento: estación depuradora.

Especies: moluscos.

Superficie

Dominio privado:

-Parcela de 3.020 m, nave construída de 1.564 m.

-Superficie depuración:

* 11 piscinas na planta báixa de 72 m = 792 m.

* 12 piscinas no 1º andar de 72 m = 864 m.

Total: 1.656 m.

Dominio público: toma de auga do mar e desaugadoiro, 124,62 m.

Títulos habilitantes:

-Outorgamento: 15-6-1983 (DOG nº 73).

-Remate vixencia: 15-6-2003.

-Novo titular: Pescadona, S.A.

Situación: punta Festo, Illa de Arousa, distrito marítimo de Cambados (Pontevedra).

Tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa de cambio de dominio con data do 3-11-1994, e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Considerando o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia(DOG nº 101, do 31-5-1993), e na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29-7-1988).

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que consten no expediente, á vista do informe emitido polo Servicio Técnico Xurídico, e por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, resolve:

Acceder ó solicitado, outorgándolle á empresa Pescadona, S.A., con NIF nº A-36.051.563, concesión

e permiso de actividade da estación depuradora, autorizada con data do 15-6-1983, sita en punta Festo, Illa de Arousa, distrito marítimo de Cambados (Pontevedra), baixo as seguinte

CONDICIÓNS:

Primeira.-A vixencia desta resolución queda condicionada á que o Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) dicte relativa á ocupación de dominio público marítimo-terrestre.

Segunda.-Ó remate do prazo excepcional de homologación ó que se atopa acollida, a depuradora deberá cumprir co disposto no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro, polo que se aproba a regulamentación técnico sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización dos moluscos bivalvos vivos.

Terceira.-O titular non poderá modifica-las instalacións, agás que medie permiso desta consellería, nin o dominio público marítimo-terrestre autorizado.

Cuarta.-O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, e obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura