Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 27/1993).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Forjados Hermanos Durán, con domicilio en Santiago de Ribarteme, As Neves,

no que solicita autorización para instalar L.M.T. e C.T. en Santiago de Ribarteme, concello das Neves, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizarlle a Forjados Hermanos Durán a instalación de L.M.T. e C.T. en Santiago de Ribarteme, concello das Neves.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 3 de febreiro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra