Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se desenvolve o contido da Orde do 4 de xaneiro de 1995 (DOG do 20) pola que se dictan instruccións en relación coas condicións de cobertura de distintos postos de traballo por funcionarios do corpo de mestres.

En aplicación do disposto na disposición derradeira da Orde do 4 de xaneiro de 1995 (DOG do 20), faise preciso, co obxecto de fixar criterios derivados do proceso que nela se establece, dicta-las seguintes normas.

1º.-A participación en concurso de traslados prevista no punto 4º da orde do 4 de xaneiro de 1995 efectuarase, para efectos de valoración de méritos

de cada un dos apartados, segundo o previsto no concurso de traslados convocado por Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26), isto é, coa puntuación que naquel momento lle correspondera máis efectiva ó actual curso escolar.

2º.-Os mestres que opten por continuar nos postos que serven na actualidade en comisión de servicios ou, adscrición temporal, para efectos de puntuación prevista no apartado a) do artigo 21 do Real decreto 895/1989, a antigüidade no centro desde o que participan virá dada desde a data en que foron nomeados nos citados réximes de comisión de servicio ou adscrición temporal. No suposto de que con posterioridade á dita adscrición ou nomeamento en comisión de servicios obtivera novo destino definitivo, a antigüidade considerarase desde este último destino.

3º.-Os que participen segundo o previsto no punto 5º da orde do 4 de xaneiro de 1995 e obteñan destino sen consumir praza, para efectos de participación en futuros concursos, acreditarán a antigüidade prevista no referido apartado a) do artigo 21 do Real decreto 895/1989, desde o momento en que acaden este último destino.

De participar en concurso segundo o establecido no punto 5º da Orde do 4 de xaneiro de 1995 e obter destino, o mestre a quen se lle adxudica destino en ningún caso poderá tomar posesión deste xa que a participación, tal e como se establece no citado punto, é sen consumir praza, sendo a participación para os únicos efectos de referencia co obxecto do exercicio do dereito preferente.

4º.-Polo que respecta ás adscricións temporais previstas no punto 1º da Orde do 4 de xaneiro de 1995, os mestres afectados virán obrigados a permanecer nos postos polo período que nel se establece, se ben se poderán ter en conta situacións excepcionais debidamente razoadas ante esta dirección xeral que, se é o caso, poderá autoriza-lo cesamento nas citadas adscricións, logo de informe da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

Jaime-García y García

Director xeral de Persoal