Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xaneiro de 1995 pola que se incrementa a contía das bolsas predoutorais concedidas por ordes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de setembro, 31 de outubro e 20 de decembro de 1994 (DOG do 21 de outubro, 21 de novembro de 1994 e 9 de xaneiro de 1995).

Por ordes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de setembro, 31 de outu

bro e 20 de decembro de 1994, concedéronse as prórrogas (primeira e segunda) e as novas adxudicacións das bolsas predoutorais. No artigo 2º das devanditas ordes establécese a posibilidade de modifica-la contía destas bolsas a partir de xaneiro de 1995 co fin de consegui-la súa total homologación coas de formación do persoal investigador (FPI) que convoca o Ministerio de Educación e Ciencia, no caso de que o citado organismo modificara para o ano 1995 as contías establecidas para o ano 1994.

Considerando que a Secretaría de Estado de Universidades e Investigación por Resolución do 15 de novembro de 1994 (BOE 23-11-1994) estableceu a contía das bolsas de FPI para o ano 1995 en 106.000 ptas./mes, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase fixa-la contía mensual das bolsas predoutorais (prórrogas e novas), concedidas por ordes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de setembro, do 31 de outubro e do 20 de decembro de 1994 (DOG do 21 de outubro, 21 de novembro de 1994 e 9 de xaneiro de 1995), en 106.000 ptas. mensuais brutas a partir do 1 de xaneiro de 1995. Este incremento será financiado con cargo á partida orzamentaria 07.05.431A.480.00 do orzamento de gastos da Dirección Xeral de Universidades e Investigación para o ano 1995.

Artigo 2º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurìdico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria