Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de xaneiro de 1995 pola que se integra no Colexio Público Rural Agrupado de Gondomar o Centro de Educación Preescolar de Ervillas (Gondomar).

Examinado o expediente incoado pola mestra do Centro de Educación Preescolar de Ervillas polo que solicita a integración no Colexio Público Rural Agrupado de Gondomar.

Vistos o Decreto 63/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril), a orde do 14 de abril (DOG do 13 de maio) e demais normas que lle son de aplicación.

Tendo en conta que tódolos documentos xustifican a dita integración.

Esta consellería, por proposta da súa Delegación Provincial de Pontevedra,

DISPÓN:

Integrar no Colexio Público Rural Agrupado de Gondomar o Centro de Educación Preescolar de Ervillas, segundo os datos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro, de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Concello: Gondomar.

Localidade: Peiticeiros.

Centro: Colexio Público Rural Agrupado de Gondomar.

Código do centro: 360210000.

Zona educativa: Gondomar-Peiticeiros.

Modificación: intégrase neste Centro de Educación Preescolar de Ervillas, código 360G0NO2, e polo tanto este centro desaparece como tal.