Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo de resolución das solicitudes de axudas do fondo de acción social para o exercicio do ano 1994 e se anuncia a exposición das listas provisionais de axudas aprobadas e denegadas das prestacións de xubilación, diminuídos e vivenda, para o persoal ó servicio desta Comunidade Autónoma.

Dado o gran número de solicitudes presentadas ó amparo da resolución do 31 de outubro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e do Comité Intercentros do Persoal Laboral, e aprobado polo Concello da Xunta de Galicia do día 27 de outubro de 1994, sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio do ano 1994, e ante a imposibilidade de resolve-las solicitudes en prazo, de acordo co establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise preciso amplia-lo prazo máximo de resolución establecido na base 6 das normas xerais do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio do ano 1994.

Por outra banda, rematados os traballos de estudio e cualificación das solicitudes do ano 1994 de conformidade co establecido no punto dous das normas de procedemento do devandito acordo, deben publicarse as listas provisionais de acción social do ano 1994.

Conforme todo o anterior, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Prorrogar en tres meses o prazo establecido na base 6 das normas xerais do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio do ano 1994, publicado por resolución do 31 de outubro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 213, do 4-11-1994).

Segundo.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de xubilación, diminuídos e vivenda da acción social do ano 1994, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas súas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Terceiro.-O perseoal xubilado que ostentando a condición de mutualista de Muface non presentara a certificación requirida nas normas específicas, punto 1, segundo parágrafo, dos criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1994, e que figuren nos listados de excluídos coa clave 38: falta certificación de Muface do subsidio de xubilación, quedarán excluídos del, elevándose a corres

pondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando presenten a preceptiva certificación, aboándose esta con carga ó orzamento do fondo de acción social do ano 1995, se non fora posible facelo con cargo ó de 1994 por estar este xa executado.

Cuarto.-Os solicitantes da axuda de vivenda, que figuren nos listados coa clave de exclusión 31 e/ou 32: falta certificación de que o solicitante e/ou cónxuxe non solicitou axudas de vivenda por Muface, deberán presentar antes do 30-9-1995 a certificación esixida nas normas específicas, punto 6, apartado h), dos criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1994, co fin de poder elevar proposta de aprobación, se é o caso, da axuda, con cargo ó orzamento do fondo de acción social do ano 1995, se non fora posible facelo con cargo ó de 1994 por estar este xa executado.

Quinto.-Poderase presentar escrito de corrección de faltas e erros no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificios administrativos de San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director Xeral da Función Pública