Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agrícultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de construcción de camiños no municipio de Campolameiro CL-1 e CL-1.1 (Pontevedra) e sete máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa.

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para a mesma. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposición serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 13 de marzo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 17 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1.-Construcción de camiños no municipio de Campolameiro CL-1 e CL-1.1 (Pontevedra): X-3.156. (Nº 166).

Orzamento: 41.091.894 pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

2.-Construcción de camiños no concello de Mondariz (1ª fase) (Pontevedra): X-2.450. (Nº 167).

Orzamento: 38.148.579 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

3.-Acondicionamento de camiños municipais en Outeiro de Rei (Lugo): X-3.219. (Nº 168).

Orzamento: 28.692.614 pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

4.-Explanación e afirmado de camiños rurais na Rúa (Ourense): X-2.901. (Nº 169).

Orzamento: 33.471.895 pesetas.

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

5.-Afirmado de camiños nas parroquias de Bemantes, Callobre, Carantoña, Castro, Leiro, Perbes e San Xoán de Vilanova (concello de Miño, A Coruña): X-3.054. (Nº 170).

Orzamento: 27.384.917 pesetas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

6.-Camiños e acondicionamentos asfálticos no municipio de Pol (Lugo): X-2.838. (Nº 171).

Orzamento: 93.168.027 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

7.-Acondicionamento de camiños rurais no municipio de Tordoia (A Coruña): X-3.221. (Nº 172).

Orzamento: 32.805.757 pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

8.-Pavimentación de camiños de concentración parcelaria no municipio de Coirós (A Coruña): X-3.248. (Nº 173).

Orzamento: 61.504.645 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes