Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-51/1994 (Incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento, do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993),

o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días as alegacións que considere convenientes, no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-51/1994.

Denunciado: Luis Leis Nova.

Último enderezo coñecido: Rogelio Abalde, 23-3º. 36201 Vigo.

Feito denunciado: Abandono de lixo.

Precepto infrixido: Art. 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 25.000 ptas.