Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias que se cita, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario (expediente 181/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe por infracción da Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.d. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 181/1994.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI nº: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: Rúa Progreso, 201-1º, A Rúa, Ourense.

Feitos imputados: Transporta-lo día 8 de xullo de 1994, nun camión marca Nissan, modelo 1-354-R,

cincuenta polos vivos entre 15 e 20 días de idade, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria, do certificado de desinfección do vehículo e do documento acreditativo de te-lo vehículo dado de alta no Servicio de Sanidade e Producción Animal da Delegación Provincial de Agricultura para o transporte de gando.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 32 e 52.

Precepto sancionador: artigos 217.3 e 215.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 10.000 pesetas.

Lugo, 17 de xaneiro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo