Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inician expedientes de substitución de concesións de servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada (V-3133; XG-350).

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

V-3133; XG-350, entre Furco e Chantada, con anexos (titular: Autocares Ledovaz, S.L.).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (estación de autobuses), efectua-las observacións que coiden oportunas no prazo de un mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes