A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público nº
1/1995 -procedemento aberto- para a adquisición de diverso material didáctico e mobiliario con destino ás facultades de Económicas de Vigo e Medicina de Santiago de Compostela, dependentes desta consellería.
1.-Fianza. provisional: 2% do prezo tipo de cada lote licitado, na forma que sinala a cláusula 7.5-5ª do prego de cláusulas administrativas particulares específico do concurso.
2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio de San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, rúa Nova de Abaixo nº 19-21, Santiago de Compostela.
3.-Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de marzo de 1995, ás 14 horas.
4.-Lugar de presentación de proposicións: Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.
5.-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto 7 do prego das administrativas particulares.
6.-Apertura de proposicións económicas: xoves, 9 de marzo de 1995, a partir das 11 horas.
7.-Prazo de execución: un mes a contar desde a sinatura do contrato.
8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.
9.-Orzamento de licitación: 95.198.000 pesetas.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1995.
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria