Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publica relación de persoas que deberán aportar documentos para ultima-la tramitación dos expedientes que se citan (14.560/92).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificamos a relación de persoas que deberán aportar documentación, co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se referencian.

O Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial de Economía e Facenda, sita na praza de Compostela nº 26, Vigo, co fin de proceder á tramitación dos expedientes promovidos polos interesados co último domicilio coñecido e datos que aquí se sinalan, reclama a presentación da documentación que seguidamente se cita, advertíndoos de que en caso de non a presentaren e de conformidade co artigo 92 da citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á data de publicación

desta cédula, poderá declararse a caducidade do expediente, producíndose o arquivo das actuacións.