De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificamos ás persoas cos datos e último domicilio coñecido que se sinala e que relacionamos seguidamente.
Co fin de poder acollerse á exención do imposto xeral de transmisións patrimoniais e actos xurídicos
documentados, recollida no artigo 45.B).12 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e así poder elevala a definitiva, ante a consignación efectuada por Vdes. nos expedientes referenciados, do propósito de construcción de vivendas e protección oficial, requirímolos para que, no prazo de oito días, contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula, presenten ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, os documentos que se citan, apercibíndoos de que noutro suposto obteranse solicitando copia notarial deles e practicaranse as liquidacións correspondentes, sen prexuízo das sancións previstas na Lei xeral tributaria.