Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (26/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 26/1995, que se segue neste xulgado por lesións en agresión, cítase a Rosa María Lorenzo, en calidade de denunciada, actualmente en paradoiro descoñecido, para que asista á vista do correspondente xuízo de faltas que terá lugar o vindeiro día oito de marzo, ás 10.45 horas, advertíndoa de que deberá comparecer cos medios de proba dos que se intente valer, e que de non verificalo recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado