Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (331/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos que se mencionarán dictouse a sentencia que no encabezado e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 331/1994, seguidos por furto; corno denunciante, Santiago Freire Miramontes, maior de idade; como parte denunciada, Antonio Jorge Márquez, maior de idade; no que é parte, igualmente, o ministerio fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Antonio Jorge Márquez da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, e declaro as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Antonio Jorge Márquez, o cal se acha en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta en Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado