Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.174

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (198/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Fai saber: que neste xulgado se segue procedemento hipotecario especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 00198/1994 promovido polo Banco Exterior de España, S.A., contra Sankime Sociedad Limitada, nos que por resolución desta data acordou sacar á venda en poxa pública os inmobles que ó final se describen, dos que o remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa o día vintenove de marzo próximo ás doce horas da mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, que ascende á suma de 12.500.000 ptas. cada un dos predios poxados.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día catro de maio próximo e ás doce horas da mañá, coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

E, en terceira poxa, se non se remataren en ningunha das anteriores, o día oito de xuño próximo e ás doce horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa, en primeira nin en segunda, podendo face-lo remate en calidade de o ceder a terceiros.

2.-Os que desexen tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións e depósitos deste xulgado o vinte por cento do tipo expresado, requisito sen o cal non serán admitidos á licitación.

3.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo de remate.

Bens obxecto da poxa:

1.-Número dous, vivenda ou local A ou leste, dun edificio sito en Pardiñeiras, no concello de Ames, que mide sesenta e nove metros e cincuenta decímetros cadrados. Ten a súa entrada polo norte. Linda: norte: caixa de escaleira e Adelina Carreira Martínez (2.163); sur: María Costoya Raña (2.161); leste: zona excluída (hoxe estrada A Coruña - Tui) e oeste: caixa de escaleira e vivenda ou local número 3. Inscrito no rexistro da propiedade de Negreira, tomo 588, libro 150 de Ames, folio 158, predio 15.057.

2.-Número tres, vivenda ou local B ou oeste, dun edificio sito en Pardiñeiras, concello de Ames, que mide sesenta e nove metros e cincuenta decímetros cadrados. Ten a súa entrada polo norte. Linda: norte: caixa de escaleira e Adelina Carreira Martínez (2.163); sur: María Costoya Raña (2.161); leste: caixa de escaleira e local ou vivenda número dous e oeste: terreo non edificado anexo ó local número un. Inscrito no rexistro da propiedade de Negreira, tomo 558, libro 150, folio 160 vto., predio número 15.059.

Dado en Santiago de Compostela o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado