Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.172

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1994 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa desta universidade a Gustavo Bergantiño Cid.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 15 de decembro de 1993 (BOE do 21-1-94), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, a prol de Gustavo Bergantiño Cid, DNI nº 34.957.737, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Gustavo Bergantiño Cid profesor titular de universidade da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de decembro de 1994.

PO (RR 2-12-1994)

José Tojo Suárez

Vicerrector de Investigación