Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.172

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1994 pola que se declara deserta a praza 49/93, pertencente ó corpo docente de catedráticos de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería.

Como queira que o aspirante presentado non superou a primeira proba do proceso selectivo.

Visto o artigo 9.3 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro) polo

que se regulan os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu:

Primeiro.-Declarar finalizado o concurso.

Segundo.-Declarar deserta a praza 49/93 convocada por resolución rectoral do 15 de decembro de 1993 (BOE do 21-1-1994) pertencente ó corpo docente de catedráticos de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería e adscrita ó departamento de Deseño na Enxeñería da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de llo comunicar a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de decembro de 1994.

PD. (R.R. 2-12-1994)

José Tojo Suárez

Vicerrector de Investigación