Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995 pola que se designa un vocal da comisión que efectuará a selección dos aspirantes que soliciten participar nos IV, V, VI, VII e VIII cursos para a obtención do diploma de directivo.

O artigo 6º do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúe a selección dos aspirantes que soliciten participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un funcionario que estea en posesión do diploma de directivo designado polo director da Escola Galega de Administración Pública.

En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Luis Framil Álvarez, antigo alumno do I curso para a obtención do diploma de directivo, como vocal da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos IV, V, VI, VII e VIII cursos para a obtención do diploma de directivo.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública