Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente para a delimitación do contorno do mosteiro de Santo Estevo de Chouzán, concello de Carballedo (Lugo).

Polo Decreto do 16 de outubro de 1950, Boletín Oficial del Estado do 15 de novembro, foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico o mosteiro de Santo Estevo de Chouzán, concello de Carballedo (Lugo).

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno do mosteiro de Santo Estevo de Chouzán, concello de Carballedo (Lugo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a delimitación do contorno do mosteiro de Santo Estevo de Chouzán, concello de Carballedo (Lugo).

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a súa delimitación a seguinte:

«O punto 1 da liña de delimitación do contorno obtense prolongando a estrema nordeste da parcela catastral 1.274 a través da 512 ata o seu contorno co borde da represa.

O curso da liña comeza nesa prolongación, segue pola estrema noroeste a parcela 1.274 e 1.239 ata o punto 2, situado no eixe da estrada de Chantada ós Peares.

Continúa seguindo ese eixe ata o punto 3 (sobre el), para tomar dirección sur, seguindo a estrema oeste da parcela catastral 2.384 e a prolongación

desta ata o eixe da estrada que conduce a Pacios, atravesando a parcela catastral 2.547. O cruzamento desa prolongación e o eixe da estrada dan lugar ó punto 4.

A partir deste continúa ata o punto 5 no mesmo eixe.

Continúa cara ó sur polas estremas oeste das parcelas catastrais 2.424, 2.091, 2.094 e 2.104, e as sueste das 2.104, 2.103, 2.102, 2.101, 2.100, 2.099, 2.098 e 2.091; sur das 2.092, 2.085, 2.084, 2.082, 2.081, 2.079, 2.078, 187, 186, 185, 184, 183, 181, 180, 179, 173, 172, 171, 170, 168, 167, 165, estremas leste das 165, 166, 174 e 175, núcleo de Pacios 176, 177, 103, 98, 102 e 356 ata chegar ó punto 6 situado no encontro da última estrema mencionada coa represa.

Á liña da delimitación chégase seguindo desde o punto 6 a cota máxima das augas ata o punto 1.

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde de Carballedo (Lugo) e notificarlle que o outorgamento das novas licencias de obras e a execución das xa concedidas antes de incoarse o expediente precisarán resolución favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental.

Cuarto.-Notifica-la presente resolución ó arcebispo de Lugo, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico e

Documental