Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Miguel.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Miguel.

Cultivo: vieiras e ostras.

Localización: cuadrícula nº 150, Cambados «G».

Data de concesión: 21-10-1975 (BOE nº 270).

Data do remate da última prórroga: 11-11-1995.

Anterior concesionario: Benito Fernández Ambrós.

Novo titular da concesión: Benito Fernández e Hijos, S.A.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 20 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)