Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión celebrada o día 30 de novembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

1.-Aprobar, con carácter inicial, o programa de actuación urbanística formulado directamente polo Concello e redactado pola Oficina de Planeamento, S.A., correspondente á área 3 de solo urbanizable non programado delimitada no PXOU.

2.-Aprobar, con carácter inicial, o plan parcial que desenvolve o programa de actuación urbanística a que se refire o punto anterior.

Durante o prazo de un mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderán ser examinados os expedientes e formularse as alegacións que se xulguen pertinentes.

Culleredo, 27 de decembro de 1994.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde