Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO.

En cumprimento do acordado polo Pleno do Concello de Ponteceso, en sesión do 28 de novembro de 1994, polo presente anúnciase a convocatoria do concurso para a xestión indirecta, mediante concesión, do servicio municipal de abastecemento de auga e sumidoiros deste concello de Ponteceso, de acordo co prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexen na indicada contratación, aprobado para este efecto en sesión do 21-10-1993 (exposto ó público mediante publicación do correspondente edicto no BOP nº 253, do 4-11-1994) e nos prazos e forma que se indicará no presente.

Na primeira das sesións indicadas acordouse a modificación da cláusula 34.1 do indicado prego, polo que, en cumprimento do disposto no art. 124 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público o devandito prego, para que durante o prazo de oito días hábiles (que comezarán a contar a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG) os interesados poidan presenta-las correspondentes reclamacións e/ou alegacións, que serán resoltas polo Pleno do Concello e que, interromperán o prazo licitatorio do concurso ó que fan referencia.

Concurso:

Obxecto do concurso: a xestión indirecta, mediante concesión, do servicio municipal de auga e sumidoiros.

Tipo de licitación: pola especialidade deste contrato, non se establece.

Duración do contrato: dez anos, prorrogables por período igual, logo de expreso acordo plenario.

Garantía provisional: 100.000 ptas.

Garantía definitiva: o 4 por 100 do importe anual do servicio que resulte da adxudicación.

Presentación de propostas: vinte días hábiles contados desde o día seguinte ó da última das publicacións do presente no BOP ou no DOG, segundo sexa.

Propostas e documentación: no prazo indicado de licitación, as empresas que xunten os requisitos requiridos deberán presenta-las súas propostas da forma seguinte:

Sobre A), titulado «Documentación», que deberá conte-la seguinte:

-Resgardo da garantía, provisional.

-Declaración xurada na que o licitador afirme non atoparse comprendido en ningún dos casos de incapacidade e incompatibilidade nos artigos 4 e 5 do RCCL e disposicións concordantes.

-DNI do licitador e código de identificación fiscal (ou fotocopias compulsadas). Se se actúa en representación doutra persoa ou entidade, deberá engadirse o poder verificado a custa do licitador (ou fotocopia del) e código de identificación fiscal.

-Certificado do rexistro de ter escriturado e totalmente desembolsado un capital social mínimo de corenta millóns de pesetas antes da data de presentación de proposicións.

-Último recibo do imposto de actividades económicas e xustificante dos seguros sociais.

-Memoria sobre a xustificación e prestación do servicio, na que se especificará a retribución económica do licitador co detalle dos compoñentes dos gastos de explotación e normal beneficio industrial segundo se sinala na cláusula 7ª do prego de condicións.

-Estudio de tarifas.

-Calquera outra documentación que o propoñente coide oportuna para acredita-la súa idoneidade e vantaxes da súa oferta para optar ó presente concurso.

-Os licitadores deberán presentar xustificante de estar cualificados pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Economía e Facenda como empresa consultora ou de servicios coas clasificacións seguintes:

Sobre B), titulado «Proposición económica», conterá proposición formulada de acordo co modelo seguinte:

D/Dª..., veciño/a de..., con domicilio en..., núm..., e DNI núm..., actuando en nome propio/ou na representación de..., segundo poder unificado que se acompaña. Informado do anuncio publicado por este concello no B.O. da provincia da Coruña núm..., correspondente ó día..., de... de 199... (ou DOG

núm..., correspondente ó día... de... de 199...) relativo ó expediente instruído para adxudica-la concesión administrativa mediante concurso para a concesión da subministración de auga potable e saneamento do concello de Ponteceso, co coñecemento do prego de condicións xurídicas e económico-administrativas, e demais documentos que integran o expediente do devandito concurso, en nome e representación invocada, afirma:

1.-Que acepta na súa integridade o prego de condicións económico-administrativas referentes ó concurso para a concesión da xestión indirecta do servicio municipal de abastecemento de auga potable e saneamento de Ponteceso e os documentos que os completan.

2.-Que se compromete, no caso de ser adxudicatario do concurso, á prestación dos servicios obxecto do contrato, suxeitándose en todo momento ás condicións establecidas e demais disposicións aplicables, as cales manifesta coñecer nas seguintes condicións:

Que o canon a percibir polo concello (ou a subvención a percibir polo concesionario), é de... ptas. (en letra e número), por cada metro cúbico facturado ós abonados do servicio.

Que, para a determinación do referido canon (ou subvención), se prevén os seguintes valores:

a) Que, de conformidade cos ingresos tarifados previamente por aplicación ós abonados das tarifas actualmente vixentes, resulta unha tarifa media de... pesetas (en letra e número), por metro cúbico de auga facturada.

b) Que o custo unitario do servicio de abastecemento de auga e saneamento, sen incluí-la amortización do volume de investimento, é de... pesetas (en letra e número) por cada metro cúbico de auga facturada.

3.-Que propón un volume de investimento de... pesetas para a execución do Plan de Investimentos.

Que, para recupera-lo dito investimento, a partir da súa entrada plena en servicio, supón un incremento no custo unitario de... pesetas, por cada metro cúbico de auga facturada.

4.-Que a documentación esixida e, en concreto, a oferta económica, consta da proposición presentada.

(Data e sinatura do propoñente).

Ponteceso, 5 de decembro de 1994.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde