Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia unha asistencia técnica, polo procedemento de concurso público, para a producción e emisión de 4 cuñas de 30'' de duración, de información sanitaria, de luns a venres, nas emisoras de radio e durante os horarios preestablecidos.

I. Obxecto e orzamento.-Producción (redacción, realización e gravación) e emisión de 4 cuñas de 30'' de duración, de información sanitaria, de luns a venres, nas emisoras de radio e durante os horarios preestablecidos no prego de prescricións técnicas por un orzamento de 88.000.000 de ptas., IVE incluído.

II. Prazo de execución.-O prazo de execución para a realización da asistencia técnica é desde o 1 de maio de 1995 ata o 30 de abril de 1996, ambos inclusive.

III. Documentos de interese para os licitadores.-O prego de cláusulas administrativas particulares e

demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

IV. Fianzas.-O 2% do orzamento de licitación (1.760.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 113 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento. Ver punto 12.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

V. Clasificación.-Os licitadores deberán presentar certificado de clasificación sempre que o importe da asistencia técnica sobrepase a cantidade esixida pola Lei de contratos do Estado. Grupo III, subgrupo 3, categoría C.

VI. Presentación de proposicións.-As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do R.X.C.E.

VII. Apertura das proposicións.-A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

VIII. Documentación que deberán aporta-los licitadores.-Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Anuncios.-Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos