Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995 pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador C-12/1994.

Intentada a notificación directa, ós interesados, da proposta de resolución formulada no expediente de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó amparo do previsto no art. 59.4 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Calicia da seguinte

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

Que o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, acorde sancionar:

A E.O. Complejo Educativo, S.A., solidariamente co seu xerente/apoderado, Jesús Fernández-Pedrera Morales, con multa de un millón unha pesetas, 1.000.001 ptas., pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28.d e g da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos arts. 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter unha máquina tipo B, minitómbola de reloxos, carecendo da documentación esixida pola lexislación vixente.

Comunícaselles ós interesados que dispoñen dun prazo de oito días hábiles desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para formula-las alegacións que coiden oportunas na defensa dos seus dereitos, segundo o disposto no artigo 7.2.d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro (de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogo, envite, sorte ou azar).

A Coruña, 16 de xaneiro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña